Axudas ao emprego xuvenil

SUBVENCIÓNS AUTÓNOMOS Subvencións para as altas na Seguridade Social ou na mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro...

 

emprego xuvenil

Neste artigo falaremos das medidas e axudas existentes para o fomento do emprego xuvenil.

SUBVENCIÓNS AUTÓNOMOS.

Subvencións para as altas na Seguridade Social ou na mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015, ambos inclusive.

Persoas beneficiarias.

1.- As persoas mozas desempregadas ins- critas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autó- nomas ou por conta propia, sempre que reúnan os seguintes requisitos:

  • Sexan titulares ou cotitulares de negocio ou explotación.
  • Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de inicio da actividade.
  • Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profe- sional entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015.

Non percibisen subvencións ao abeiro do Programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

Non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.

Tipos de axuda.

  • Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil de ata 1.200 euros

  • Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

  1. Subvención para investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade.
  2. As contías desta subvención serán as seguintes:

    1. 500 euros persoa moza.
    2. 000 euros persoa moza desempre- gada con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

A contía prevista no apartado A incrementarase en 500 euros para as mulleres mozas.

SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL.

Incentivar as contratacións de carácter temporal realizadas desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015 for- malizadas con persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, así como as súas transformacións en contratos indefinidos.

Personas beneficiarias. As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens.

Contratacións subvencionables. Serán subvencionables todas as modalida- des contractuais de carácter temporal a tempo completo, agás o contrato para a formación e a aprendizaxe, que se realicen con persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Os contratos temporais terán unha dura- ción mínima inicial superior a 6 meses, agás o contrato en prácticas que terá unha duración inicial mínima de 12 meses.

Contías Contratación temporal. 200 euros por cada un dos 6 primeiros meses completos da duración do contrato. Esta contía incrementarase en 20 euros mensuais no suposto de que a persoa con- tratada sexa muller, persoa discapacitada ou unha persoa na que concorra algún dos factores de exclusión social, podéndose incrementar outros 50 euros mensuais se a contratación é para prestar servizos en empresas pertencentes a sectores estratéxicos.

300 euros por cada unha das seguintes mensualidades completas da duración do contrato e ata un máximo de 6. Esta contía incrementarase en 30 euros mensuais no suposto de que a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada ou unha per- soa na que concorra algún dos factores de exclusión social, podéndose incrementar outros 50 euros mensuais se a contratación é para prestar servizos en empresas perten- centes a sectores estratéxicos.

Os contratos en prácticas incentivaranse cunha axuda de 3.600 euros. Esta contía incrementarase en 300 euros no suposto de que a persoa contratada sexa muller. No caso de que a contratación sexa realizada para prestar servizos en empresas pertencentes a sectores estratéxicos a contía do incentivo será de 4.200 euros.

Transformación dos contratos temporais en indefinidos. Incentivarase con 2.500 euros. No caso de que a transformación do contrato temporal en indefinido sexa realizada por unha empresa pertencente a un sector a contía do incentivo será de 3.700 euros.

3 SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN INDEFINIDA.

Programa de incentivos á contratación indefinida inicial de persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil

Contías. As contratacións indefinidas iniciais incen- tivaranse cunha axuda de 7.000 euros. Esta contía incrementarase en 600 euros no suposto de que a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada ou unha per- soa na que concorra algún dos factores de exclusión social. No caso de que a contratación sexa realizada para prestar servizos en empresas pertencentes a sectores estra- téxicos a contía do incentivo será de 8.200 euros.

Prazo de solicitudes. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas, dependendo do tipo de axuda á que se opte rematará o 19 de setembro para unhas e o 30 de setembro para outras.

Para ampliar esta información, xa sabedes: www.xuventude.xunta.es

Pablo Rodríguez Gómez

Rede Galega de Dinamización Xuvenil.

[email protected]