Arteixo creará unha oficina de apoio dixital para a veciñanza grazas á iniciativa do Bng

Reducir a brecha digital da veciñanza coa creación de una oficina municipal
O Bng local levou ao pleno de onte unha moción que aprobouse para a crear a oficina de apoio dixital e adoptar medidas contra os abusos bancarios

A moción dos nacionalistas pretende loitar contra os abusos bancarios e asesorar ás persoas que sofren a fenda dixital

O Bng de Arteixo levou ao pleno de febreiro unha moción para a creación da oficina de apoio dixital e a adopción de medidas contra os abusos bancarios. Trala súa aprobación no día de onte, o Concello de Arteixo teñe como obxectivo atender ás persoas con fenda dixital para os seus trámites coas administracións. Tamén para as súas relacións bancarias así como para asesoralas sobre outros perigos de internet.

No pleno tamén foi aprobada a moción nacionalista do 8-M, coa abstención de PP e PSOE, para recoñecer as mobilizacións feministas e demandar unha nova lei de Igualdade que substitúa á 7/2004.

A nivel local, grazas á permanente insistencia do Bng, o Concello comezou a dar os primeiros pasos en canto a seguridade viaria no Rañal. Puxo uns prefabricados de formigón para impedir o aparcamento de grandes camións e, así, evitar que sigan danando as propiedades. Así mesmo, o día 19 de marzo, entregarase a obra do Polígono de Morás. A partir dese día haberá servizos e instalacións dignas para que os traballadores do transporte poidan establecerse alí con comodidade e seguridade.

Compromisos

Ademáis, o goberno local estudará a proposta do Bng de trasladar a parada do autobús en Oseiro ata a contorna da obra da Fonte do Abade. Así, non se entorpecería a subida e baixada de pasaxeiros e daríase fluidez ao tráfico na AC-415.

Por último, cómpre destacar a emenda que o Bng de Arteixo fixo ás bases reguladoras para a concesións destinadas a actividades deportivas en réxime de concorrencia competitiva no referente á comisión de avaliación de solicitudes.