Fotos e nome dos premiados do calendario municipal 2023
O calendario do Concello de Arteixo distribuirase a partir do 19 de decembro na casa consistorial e no edificio Arteixo Innovación
O concello de Arteixo, a través da concellaría de Turismo que dirixe Patricia Amado, edita o calendario municipal do 2023 con fotos dos veciños seleccionadas a través dun concurso fotográfico.
Este ano a temática é visibilizar os edificios de Arteixo, baixo o lema #ConstruciónsDeArteixo. 433 imaxes chegaron o concello, das que finalmente foron seleccionadas doce, unha por cada mes do ano. Os veciños participaron neste concurso fotográfico a través da aplicación Easypromos subindo fotos de calquera construcción de Arteixo, pública ou privada.
Premios e premiados
As gañadoras son tanto fotos de construccións históricas como do Balneario ou a Ponte dos Brozos. Construccións tradicionais do rural ou estructuras más modernas como o Campo da Festa ou o estadio de fútbol de Pastoriza. Estes son os nombres dos autores e podese ver debaixo as 12 imaxes gañadortas:
- Enero: Antón Vidal (posto 1)
- Febrero: Lucía Villaverde (11)
- Marzo: José Luis Paz (12)
- Abril: Uxía Fernández (6)
- Mayo: Jesús Fernández (10)
- Junio: Juan Vidal (9)
- Julio: Beatriz Crespo (4)
- Agosto: Marta Mariscal (2)
- Septiembre: Mónica Rial (5)
- Octubre: Domingo Trillo (3)
- Noviembre: Edgar Veira (7)
- Diciembre: Silvia Rey (8)
Outorgase premios para as fotografías mellor valoradas:
- 500 euros para a foto que máis puntos obteña
- 300 euros para a segunda
- 200 euros para a terceira
- 100 euros para as seguintes clasificadas
O calendario se pode descargar na páxina web do concello (www.arteixo.org) ademais de ser editado en formato físico. O mesmo, repartirase a partir do 19 de decembro na Casa Consistorial e no edificio Arteixo Innovación sito no polígono de Sabón. Tamén entre os alumnos de todos os centros educativos de Arteixo.