Fotos e nome dos premiados do calendario municipal 2023

A través da concellaría de Turismo editase o calendario municipal do 2023 con fotos dos veciños seleccionadas a través dun concurso fotográfico
fotos do calendario 2023 do concello de arteixo
photo_camera Fotografía do calendario do mes de enero. Autor: Antón Vidal

O calendario do Concello de Arteixo distribuirase a partir do 19 de decembro na casa consistorial e no edificio Arteixo Innovación

O concello de Arteixo, a través da concellaría de Turismo que dirixe Patricia Amado, edita o calendario municipal do 2023 con fotos dos veciños seleccionadas a través dun concurso fotográfico.

Este ano a temática é visibilizar os edificios de Arteixo, baixo o lema #ConstruciónsDeArteixo. 433 imaxes chegaron o concello, das que finalmente foron seleccionadas doce, unha por cada mes do ano. Os veciños participaron neste concurso fotográfico a través da aplicación Easypromos subindo fotos de calquera construcción de Arteixo, pública ou privada.

Premios e premiados

As gañadoras son tanto fotos de construccións históricas como do Balneario ou a Ponte dos Brozos. Construccións tradicionais do rural ou estructuras más modernas como o Campo da Festa ou o estadio de fútbol de Pastoriza. Estes son os nombres dos autores e podese ver debaixo as 12 imaxes gañadortas:

  • Enero: Antón Vidal (posto 1)
  • Febrero: Lucía Villaverde (11)
  • Marzo: José Luis Paz (12)
  • Abril: Uxía Fernández (6)
  • Mayo: Jesús Fernández (10)
  • Junio: Juan Vidal (9)
  • Julio: Beatriz Crespo (4)
  • Agosto: Marta Mariscal (2)
  • Septiembre: Mónica Rial (5)
  • Octubre: Domingo Trillo (3)
  • Noviembre: Edgar Veira (7)
  • Diciembre: Silvia Rey (8)

Outorgase premios para as fotografías mellor valoradas:

  • 500 euros para a foto que máis puntos obteña
  • 300 euros para a segunda
  • 200 euros para a terceira
  • 100 euros para as seguintes clasificadas

O calendario se pode descargar na páxina web do concello (www.arteixo.org) ademais de ser editado en formato físico. O mesmo, repartirase a partir do 19 de decembro na Casa Consistorial e no edificio Arteixo Innovación sito no polígono de Sabón. Tamén entre os alumnos de todos os centros educativos de Arteixo.