Xa está aberto o prazo de preinscrición para o campamento de nadal 2023 organizado pola concellaría de educación. Aquí está todo o que hai que saber sobre dito campamento.
Requisitos:
Rapazada de 4º, 5º e 6º de infantil e de 1º a 6º de Primaria empadroada.
Non empadroados: confirmarase dispoñibilidade de praza. No caso de superar o número de prazas ofertadas procederase ao sorteo que se celebrará nas instalacións do Departamento de Educación o día 12 de decembro ás 10 horas.
Normas xerais de aplicación a esta convocatoria de preinscrición:
As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición a través de correo electrónico ([email protected]) do 27 de novembro ao 11 de decembro. Deberán poñer no asunto campamento Nadal 2023
Deberán adxuntar o impreso de solicitude.
A formalización da matrícula será do 13 ao 18 de decembro.
TEMÁTICA - CAMPAMENTO URBANO DE NADAL, “TRIBUS DE NADAL”
Posibilidade do seguinte horario:
De 07:15 a 17:30 horas, ou de 10:00 a 14:00 horas. As actividades que se desenvolverán ao longo do campamento estarán relacionadas coa temática escollida. Será o tema troncal e transversal co que o monitorado traballará nas xornadas do campamento.
Destinatarios: 30 nenos e nenas de idades entre os 3 e 12 anos.
Servizos ofertados:
Campamento de 10:00 a 14:00h.
Madrugadores dende as 7:15h.
Xantar de 14:00h a 16:00h.
Ludoteca de 16:00h a 17:30h.
Transporte.
Custo dos servizos durante os 9 días:
- Madrugadores sen almorzo: 13,50 euros.
- Madrugadores con almorzo: 22,50 euros.
- Xantar: 36 euros
- Ludoteca: 13,50 euros.
- Transporte gratuíto.
O campamento e servizos non se poderá solicitar por días. É dicir, págase polos 9 días de campamento.