Todas as solicitudes presentadas para participar no "Programa Concilia" durante o curso 2022-2023 están admitidas.
O servizo do "Programa Concilia" prestarase nos colexios Fogar, Bergantiños e Gándara-Sofán, que este curso acadou o número mínimo de participantes para poñelo en marcha. A listaxe de nenos e nenas será definitiva o 25 de agosto.
Este ano recibironse 145 solicitudes: O CEIP Bergantiños reclamou 78 para todos os días e 6 para días soltos, 40 solicitudes con almorzo e 38 sen almorzo. para os días soltos solicitou 1 con almorzo e 5 sen almorzo; o CEIP Fogar: reclamou 49, 21 con almorzo e 23 sen almorzo, para os días soltos solicitou 5 con almorzo; e o CEIP Gándara-Sofán reclamou 10, 7 con almorzo e 3 sen almorzo.
Pódese consultar as bonificacións concedidas. Neste caso, o prazo de reclamación será de 10 días e a listaxe definitiva publicarase o 23 de agosto.
Programa Concilia
O "Programa Concilia" é unha medida promovida desde a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
En que consiste
O programa desenvólvese durante o período escolar, e consiste en recoller ás nenas e aos nenos á primeira hora da mañá no seu centro escolar. O obxectivo é responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os horarios escolares e laborais, cubrindo a necesidade de atención antes do inicio das clases pola mañá con persoas debidamente cualificadas, así como ofrecer o servizo dun almorzo equilibrado.
Servizos que comprende
Un servizo de gardaría no que as monitoras atenden ao alumnado, garantindo hábitos de hixiene, e ademais realizando actividades de ocio e tempo libre; e un servizo de almorzo, o cal é un servizo opcional para aqueles nenos/as que o soliciten.
Horarios do servizo
O servizo préstase de luns a venres os días lectivos dende as 7:00 ata a hora de incorporación ás clases en cada centro. Tamén se ofrece servizo nos períodos vacacionais de Nadal, Entroido, e Semana Santa, nas pontes. Nestas datas o servizo ofrecese no locais habilitados pola empresa que ten a concesión e o número de prazas será de 30.