Carmen Pomar entrega os premios de emprendemento en FP organizados en colaboración con Repsol

.A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, xunto co director da Área de Emprendemento de Fundación Repsol, Eduardo García, entregou esta tarde os premios de emprendemento en FP organizados en colaboración con Repsol. A entrega tivo lugar na refinaría de Repsol na Coruña, nun acto que incluíu a presentación ante o xurado dos once traballos aspirantes, todos eles desenvolvidos por centros da área da Coruña vinculada á actividade empresarial de Repsol.

O

proxecto “Biotea”

-cunha proposta de novo material similar ao coiro producido por un fungo-

alzouse co primeiro premio desta segunda edición do programa “Emprendemento en

FP, proxecta o teu futuro. Este novo material caracterízase por unha produción

máis rápida, económica e ecolóxica, polo que vai dirixida a empresas

interesadas en novos materiais, como tapizadoras ou téxtiles.

O

segundo premio foi para o proxecto “Bguard”, cuxo equipo presentou un

dispositivo para bicicletas de alerta de proximidade de vehículo que aumenta a

seguridade do usuario e realiza gravación do que ocorre na contorna que

posibilita a investigación en caso de accidente.

Cada un dos

membros do equipo clasificado en primeiro lugar recibiu unha tarxeta regalo de

200 euros, mentres que os compoñentes do segundo equipo clasificado obtiveron

unha tarxeta regalo por valor de 100 euros.

Na súa intervención,

a conselleira subliñou a importancia deste programa de emprendemento, que

permite “coordinar sinerxías” para o impulso da cultura emprendedora desde o

sistema educativo. De aí a necesidade de accións coma esta, que fomentan

“actitudes proactivas” entre o alumnado para pensar, deseñar e xerar proxectos

que se poden aplicar na práctica diaria a través de empresas e organizacións.

Nesta liña, Carmen

Pomar apostou polo desenvolvemento de competencias transversais para ter

capacidade de comunicación, empatía, flexibilidade e adaptación, así como por

modelos de traballo que poñan en contacto ao alumnado coa empresa e, “a través

dela co mercado laboral e a sociedade no seu conxunto”.

O programa

“Emprendemento en FP, Proxecta o teu Futuro” é unha iniciativa da Consellería

de Educación en colaboración coa Fundación Repsol dirixida a fomentar a cultura

emprendedora no ámbito da formación profesional a través dun modelo de traballo

que pon en contacto a empresas, sistema educativo, mercado e sociedade; ao

tempo que mellora a empregabilidade dos estudantes de FP.

Esta acción,

que se puxo en marcha por primeira vez o pasado curso, céntrase sobre todo en

promocionar e dinamizar a innovación no sector da enerxía vinculada a aspectos

de rendibilidade social como son a eficiencia enerxética, a sostibilidade

medioambiental, a mobilidade sostible e a enerxía integradora.

Neste curso

o programa involucrou a un total de 50 estudantes dos ciclos superiores

pertencentes ás familias profesionais de administración e xestión, comercio e

márketing, edificación e obra civil, electricidade e electrónica, fabricación

mecánica, informática e comunicacións, instalacións e mantemento, química,

sanidade; e seguridade e medio ambiente.