Cespa deixou hoxe, luns 25 de setembro de 2017, sen recoller os residuos dos contenedores da plaza das Viñas en Arteixo. Segundo fontes municipais o Concello remitirá unha nova queixa oficial o Consorcio das Mariñas polos constantes incumplimentos da empresa privada: falta de limpeza, non cumprimento da periodicidade do servizo, etc.
Os veciños de Arteixo abonan o Consorcio cerca de 2,7 millóns de euros anuais. "O concello, din, non ve xustificado que unha empresa privada que cobra a 9 oncellos o recibo da basura máis caro de Galicia (126 euros) ofreza un servicio tan deficiente". Desde o Concello extenden esta opinión o funcionamiento da xerencia do Consorcio, que ten practicamente como única actividade continua controlar a recollida dos resioduos, e, sen embargo, "non é capaz de acadar neste servicio uns mínimos niveis de calidade, xa sexa encanto a propia actividade de recollida diaria ou os niveles de reciclaxe, posto que unha gran parte dos residuos do consorcio estanse tirando en vertedoiros a ceo aberto, cos conseguintes perxuicios medioambientais".
A por un servizo público
Neste sentido, o concello de Arteixo continúa o proceso para convertir en público un servicio agora privado. Tras licitar o material necesario para municipalizar o servicio de recollida de residuos no 2018 (compra decontenedores e camións), aprobará un concurso público de empleo aberto a todos os cidadáns para dotar os 26 postos detraballadores municipaisnecesarios para asumir o servicio de recollida de residuos. Tamén baixará o recibo dos 126 euros anuais actuais a cen euros ou menos.
O novo plan de residuos propón a recollida nun modelo de cinco fraccións, que estarán físicamente situadas en isletas de cinco contenedores (será o primeiro concello en Galicia que o fai), que servirán para distribuir os
residuos en orgánicos, papel-cartón, vidrio, envases lixeiros e a denominada fracción resto, que incluirá os residuos que non entren nos descritos anteriormente o aqueles que non foran separados. Esta aposta do concello de
Arteixo reforzarase coa recollida selectiva e específica cun sistema de porta a porta para o comercio e a hostelería.