Clases de español a migrandes
As clases divíndense por niveis: nestes momentos trabállase con 3 grupos da seguinte maneira:
Grupo de alfabetización: persoas analfabetas no idioma de orixe, que ademáis de traballar a lingua da sociedade de acollida, enséñase a lectoescritura.
Grupo de iniciación a Lingua: persoas con un nivel educativo básico en orixe que descoñecen as normas básicas da gramática e léxico.
Grupo avanzado: Con máis coñecemento do idioma e con nivel educativo máis alto. Este grupo ademáis da aprendizaxe da lingua, tamén se prepara para os exames de competencias clave (no caso do alumnado que non ten a titulación homologada).
O obxectivo principal é lograr que as persoas participantes adquiran coñecementos das linguas desta comunidade, así como os seus costumes e tradicións para que lles permita comunicarse con certa fluidez cara unha integración satisfactoria na sociedade de acollida. Aplicase unha ensinanza personalizada debido sobre todo a heteroxeneidade do alumnado e a que a matricula está aberta ó longo de todo o ano. Tamén se fomenta o traballo en grupo, como medio de socialización dentro da aula.