Clases de español a migrandes

O obxectivo principal é lograr que as persoas participantes adquiran coñecementos das linguas desta comunidade, así como os seus costumes e tradicións...

 

libroA poboación migrante de Arteixo ten a pòsibilidade de acudir a un curso organizado polo Concello para aprender español. O curso se inicia con 32 persoas, a maioría mulleres. A actividade realízase, por parte do persoal técnico do Concello, nas aulas asinadas do Centro de Servizos Sociais. As nacionalidades representadas dentro das aulas para este curso son : marroquina, arxelina, brasileira, senegalesa, búlgara e siria.

As clases divíndense por niveis: nestes momentos trabállase con 3 grupos da seguinte maneira:

  • Grupo de alfabetización: persoas analfabetas no idioma de orixe, que ademáis de traballar a lingua da sociedade de acollida, enséñase a lectoescritura.

  • Grupo de iniciación a Lingua: persoas con un nivel educativo básico en orixe que descoñecen as normas básicas da gramática e léxico.

  • Grupo avanzado: Con máis coñecemento do idioma e con nivel educativo máis alto. Este grupo ademáis da aprendizaxe da lingua, tamén se prepara para os exames de competencias clave (no caso do alumnado que non ten a titulación homologada).

O obxectivo principal é lograr que as persoas participantes adquiran coñecementos das linguas desta comunidade, así como os seus costumes e tradicións para que lles permita comunicarse con certa fluidez cara unha integración satisfactoria na sociedade de acollida. Aplicase unha ensinanza personalizada debido sobre todo a heteroxeneidade do alumnado e a que a matricula está aberta ó longo de todo o ano. Tamén se fomenta o traballo en grupo, como medio de socialización dentro da aula.