Arteixo firma un convenio coa asociación Agarimo
25 de octubre de 2021 (18:11 h.)
A asociación Agarimo é responsable da xestión do Centro Residencial e Educativo “Ciudad de los Muchachos Agarimo” sito en Lugar de Laxobre, Arteixo
Agarimo ofrece formación a mozos do concello e tamén cede espazos para que colectivos locales utilicen as súas instalacións
A concelleira de Servizos Sociales, Inés Ramos, firmou un convenio polo que a asociación Agarimo recibirá 45.000 euros como axuda aos programas de formación e asesoramiento a menores. O obxecto do convenio inclúe:
- A execución de programas dirixidos aos colectivos incluídos no ámbito de competencias de ambas entidades. Especificamente a execución dos programas de intervención socioeducativa con menores en risco de exclusión social.
- O Concello de Arteixo colaborará nos custos do persoal que participa en dito programa de intervención socioeducativa con menores, que non están subvencionadas por ningún outro organismo nin público nin privado, extremo que a Asociación deberá xustificar.
- Proporcionar espazos complementarios para a súa utilización polo Concello, por outras administracións públicas ou por entidades sen ánimo de lucro para desenvolvemento de actividades destinadas á poboación deste concello e que precisan de equipamentos específicos.
- A actividade da entidade considérase de interese social para a comunidade e este concello colabora no seu financiamento cunha cantidade que acada os 45.000 euros.
A asociación Agarimo é responsable da xestión do Centro Residencial e Educativo “Ciudad de los Muchachos Agarimo” sito en Lugar de Laxobre, Arteixo. Ademais, é a única entidade no término municipal que ten entre os seus obxectivos a formación para a profesionalización que permita inserción sociolaboral. "O amplio número de prazas dispoñibles e a especificidade deste tipo de recursos fundamenta, aínda máis, a idoneidade da subvención", aseguran.