Convivencia polo día da Educación Social con actividades abertas á ciudadanía

Convivencia pola Educación Social en Orense
O programa da “Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social” comezará no Edificio Multiusos do Concello de Lobios

Esta fin de semana terá lugar a convivencia no que participarán 250 profesionais e estudantes de Galicia, Asturias e Portugal

Os días 1 e 2 de outubro, Lobios -Ourense- será o centro neurálxico dunha convivencia que reunirá a profesionais, estudantado e profesorado de Educación Social
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) impulsa este encontro co gallo do Día Internacional da Educación Social, que se conmemora cada ano o día 2 de outubro.

"O desenvolvemento comunitario, a vitalización do patrimonio, a dinamización de espazos para a participación veciñal… son aspectos que se potencian dende a acción socioeducativa que levamos a cabo as educadoras e educadores sociais. Son moi importantes en calquera ámbito e que hai que coidar con especial mimo no rural, nun momento no que está sufrindo importantes transformacións”, apunta Sonia González, presidenta do Ceesg.

Por iso, o programa da “Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social” comezará no Edificio Multiusos do Concello de Lobios, co desenvolvemento do Seminario Internacional de Educación Social, no que terán lugar varias conferencias e obradoiros. No acto de peche participarán a alcaldesa de Lobios, Carmen Yáñez; o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado; a deputada de Igualdade e Reto Demográfico da Deputación de Ourense, Luz Doporto; o decano da Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense (Universidade de Vigo), Xosé Manuel Cid Fernández; a vicepresidenta da Associaçao de Profesionais Técnicos Superiores de Educaçao Social (APTSES), Fátima Correia e a presidenta do Ceesg, Sonia González. Ver o programa completo neste enlace.

Mais actividades

  • Pola tarde na parroquia de Grou haberá presentacións de publicacións e de entidades relacionadas coa Educación Social e tamen mostras etnográficas ou xogos populares. Todas as actividades da tarde, excepto o magosto popular, son abertas ao público de xeito gratuíto.

  • De noite terá lugar unha homenaxe á muller rural, con varias actuacións musicais. O festival Xurés Son, organizado por entidades da zona, no que se contará
    coas actuacións de The Nunzias e Banda de Garda.

  • Xa no domingo, as persoas participantes terán oportunidade de facer un dos roteiros para coñecer a riqueza natural da zona, Parque Natural Baixa Limia. Finalizará a convivencia despois dun xantar compartido.

Obxectivos

A convivencia pretende crear lazos e dinámicas de relación entre profesionais e estudantes de territorios tan próximos como Galicia, Asturias e Portugal, a través de actividades nas que tamén terán un papel importante os axentes locais e a veciñanza. De xeito máis específico, as actividades propostas facilitarán o intercambio de coñecementos, a reivindicación do papel da muller na sociedade rural galega, a sensibilización no respecto á diversidade, e a posta en valor do comunitarismo rural entre mocidade.

Para levar a cabo esta actividade de convivencia o Ceesg conta coa colaboración de:

  • Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo (Campus de Ourense)
  • Escola Superior de Educaçao de Viseu
  • Facultad Padre Ossó (Universidad de Oviedo)
  • Colegio Profesional de Educación Social del Principado de Asturias
  • Associaçao Proffisional de Técnicos Superiores de Educaçao Social (Portugal)
  • Deputación de Ourense
  • Concello de Lobios e Concello de Entrimo
  • Asociacións locais