O Psoe reclama a renovación da rede eléctrica en Suevos
O Grupo Municipal presentará un rogo no próximo pleno polas deficiencias do subministro na parroquia de Suevos
En Suevos vén padecendo dende hai tempo interrupcións recorrentes no subministro eléctrico. Os cortes de luz, que inicialmente se limitaban aos días de temporal é "un problema habitual, algo que afecta tanto ás familias como ás empresas situadas na contorna", afirman os socialistas. Ante a situación reclamarán no próximo pleno municipal "que se adopten as medidas necesarias para garantir a conservación axeitada da infraestrutura".
Además, consideran que a Xunta de Galicia "debe asumir o traballo de inspección do estado no que se atopa a instalación en lugares como Suevos. As deficiencias da rede pódense apreciar a simple vista e a falla de limpeza da contorna incide de maneira directa no aumento de posibilidades de que haxa cortes de luz", engaden. Nalgunhas ocasións, os apagóns chegaron a prolongarse 12, 24 e ata 48 horas.
As deficiencias da rede eléctrica no rural de Arteixo chegarán tamén ao Parlamento de Galicia. O deputado Martín Seco rexistrou unha proposición non de lei para instar ao goberno autonómico a tomar cartas no asunto.