Corte de tráfico no enlace sur do polígono ata a Avenida da Moda

Novo corte de tráfico no polígono de Sabón, Arteixo
O corte de tráfico no polígono de Arteixo comezará hoxe, venres 8 ás 18:00 horas, e rematará o luns 11 antes das 6 horas da mañá

As obras en Sabón, Arteixo, farán necesario un corte de tráfico desde hoxe á tarde e ata o luns

As obras da avenida da Deputación de Sabón, en Arteixo, farán necesario un corte do tráfico. Será entre o enlace sur do polígono e a avenida da Moda desde hoxe, venres 8 á tarde e ata o luns 11. Este corte, que se levará a cabo no treito entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+640. Comezará hoxe ás 18 horas e rematará o luns antes das 6 horas da mañá. O itinerario alternativo desenvolverase pola estrada autonómica AC-552 e pola avenida da Ponte.

Estas restricións son necesarias para avanzar nos traballos de demolición da calzada actual, a ancho completo, entre o punto quilométrico 0+130. É antes da intersección coa avenida do Embalse, e o punto quilométrico 0+400, pasada a primeira entrada ás instalacións de Alumán. Co obxectivo de minimizar á afección aos usuarios, o corte de tráfico programouse durante a fin de semana tanto de día como de noite. (Ver debaixo camiño alternativo).

Cronograma

  • Hoxe á tarde comeza a montaxe do corte de tráfico para iniciar a demolición do firme e a escavación, que se realizarán pola noite.
  • O sábado procederase, durante o día e pola noite, á escavación e ao saneo de material e ao recheo ata a formación de explanada.
  • Ao longo de toda a xornada do domingo continuarán os traballos para finalizar a explanada e estender o aglomerado.
  • Unha vez realizadas estas actuacións, o luns restablecerase o tráfico antes das 6 da mañá.