CREARTEIXO: un novo mecanismo contra a violencia de xénero

O

Concello de Arteixo dentro do marco do Pacto de Estado contra a violencia e xénero

pon en marcha CREARTEIXO. O Centro de Información ás Mulleres, da área de

Benestar Comunitario que dirixe Inés Ramos,  busca sensibilizar á poboación e previr a

violencia de xénero no municipio, empregando o cine como eixo central das

actividades.

No día a

día, as persoas estamos expostas a gran cantidade de contidos audiovisuais que

determinan a nosa socialización, ata o punto de ser responsables en gran parte

da construción da nosa identidade individual e colectiva.  

CREARTEIXO recolle varias actividades dirixida  un amplo sector da poboación: no núcleo urbano e nas parroquias rurais, xente moza e mulleres maiores...que teñen en común o uso do  o cine coma ferramenta educativa e de acción social:

Participar

nunha creación audiovisual permitirá reflexionar sobre os diferentes roles que

desempeñan mulleres e homes e poñer de manifesto as diferenzas e desigualdades.

O alumnado traballará man a man con profesionais do audiovisual e con

especialistas en igualdade na creación de obras audiovisuais.

A primeira reunión terá lugar o venres

10 de maio ás 17,30 horas na EXA ( Espazo Xuvenil de Arteixo).

Haberá un obradoiro práctico de cine dirixido a mulleres maiores de 55 anos no que se analizará o  proceso de creación dunha película para que as participantes creen e conten as súas historias.

A convocatoria é para o luns, día 13 ás

16 horas no CIM ( Centro de Información ás Mulleres)

Unha

selección de películas que se poderán ver nas diferentes parroquias do Concello

permitirá ver traballos realizados por mulleres e analizar a representación das

mulleres no cine desde un enfoque de xénero. As proxeccións irán acompañadas de

charlas e debates.

O

proxecto pecharase con unha gala no mes

de xuño na que se presentarán as obras realizadas nos obradoiros.