Desahucidado por mi madre

Rebentaron o pecho da porta e novas chaves custodiaron o fogar. Pecháronse tódalas persianas e a vivenda fitou en silencio. O sol quence máis ca nunca, desconxélase o planeta, desplómase a bolsa e móstrase ante nós un océano inmenso de corrupción aberta. Alguén reza para que siga cobrando a pensión seu avó. I eles, que nunca entenderon a seus pais, agora que xa son pais, decátanse de que non comprenden aos seus fillos. Pero, nesta ocasión, as vacas son fracas...

Foto Archivo

Rebentaron o pecho da porta e novas chaves custodiaron o fogar. Pecháronse tódalas persianas e a vivenda fitou en silencio.

O sol quence máis ca nunca, desconxélase o planeta, desplómase a bolsa e móstrase ante nós un océano inmenso de corrupción aberta. Alguén reza para que siga cobrando a pensión seu avó. I eles, que nunca entenderon a seus pais, agora que xa son pais, decátanse de que non comprenden aos seus fillos. Pero, nesta ocasión, as vacas son fracas e os fillos só teñen a familia como única salvación, e os pais (non o saben) pero precisarán, moi pronto, de seus fillos.

Entón, un xoven, moi preparado en estudos, cheo de ideas e soños, abre os ollos e decátase de que non ten cartos, nin prestacións, está sen traballo, e… busca, busca, busca e busca e… non atopa ningunha solución; a cúpula do goberno só escoita a Berlin, e o xoven só pode resistir co apoio indispensable da súa familia.

- Uns cartiños no banco, uns montes con pinos, unha casa, duas casas, tres casas …. (poidemos ter dous ou tres pisos na cidade) …. toda unha vida de traballo …. nós temos, eu teño, nós tivemos, teño, temos, ter, ter, ter, ……

E o rapaz fala de ser, de ilusións, esperanzas, fala …. noutro idioma.

As silvas e as fendas habitaron as casas baleiras e …. a revolución estaba composta por tres ducias de persoas, pacíficas, axitando lene unha pancarta perante unha caixa de aforros… sen aforros. Un tesoureiro sauda ledo a uns fotógrafos dende unha cafetería nunha estación de esquí en Canadá. Plegarias sen resposta.

O rapaz esperta do pesadelo e destápase ante él un telón vermello, os pés dun monumento, debaixo descúbrese unha placa que di:

“MONUMENTO NA HONRA DOS FAMILIARES QUE ACUBILLARON, NOS TEMPOS DA CRISE, OS FUNDADORES DESTA NOVA NACIÓN”

15 de Maio de 2053