Desvío de tráfico o venres 27 na saída da autoestrada e polígono de Sabón

Este desvío de tráfico, cuxa sinalización facilitará a circulación, funcionará mentres se leven a cabo as actuacións proxectadas

A execución das obras do novo acceso ao parque empresarial de Morás, en Arteixo, fará necesario activar, a partir do vindeiro venres,  un desvío de tráfico na estrada  autonómica AC-551, que conecta a saída da autoestrada AG-55 coa polígono de Sabón.

Trátase dunha medida necesaria

para executar a glorieta elevada que vai conectar esa estrada AC-551 co novo

acceso ao polígono industrial.

Os traballos para establecer o

desvío da circulación comezarán o venres pola mañá, unha vez transcorra a hora

punta de tráfico coincidente co inicio da xornada laboral nesta contorna

empresarial.

Este desvío de tráfico, cuxa sinalización facilitará a circulación, funcionará mentres se leven a cabo as actuacións proxectadas, que teñen por finalidade conectar a zona empresarial de Morás coas grandes vías de alta capacidade que a rodean, a A-6 e a AG-55. Esta actuación pretende mellorar a accesibilidade  e a competitividade desta área industrial, un gran polo de creación de emprego en Arteixo e, por extensión, en toda esta área da Coruña.

  • Trátase dunha medida necesaria

    para executar a glorieta elevada que conectará esa estrada coa vía de acceso ao

    polígono industrial

  • O desvío porase en marcha logo

    da hora punta da primeira hora da mañá do venres e permanecerá activo ata que

    rematen as obras do novo enlace