A execución das obras do novo acceso ao parque empresarial de Morás, en Arteixo, fará necesario activar, a partir do vindeiro venres, un desvío de tráfico na estrada autonómica AC-551, que conecta a saída da autoestrada AG-55 coa polígono de Sabón.
Trátase dunha medida necesaria
para executar a glorieta elevada que vai conectar esa estrada AC-551 co novo
acceso ao polígono industrial.
Os traballos para establecer o
desvío da circulación comezarán o venres pola mañá, unha vez transcorra a hora
punta de tráfico coincidente co inicio da xornada laboral nesta contorna
empresarial.
Este desvío de tráfico, cuxa sinalización facilitará a circulación, funcionará mentres se leven a cabo as actuacións proxectadas, que teñen por finalidade conectar a zona empresarial de Morás coas grandes vías de alta capacidade que a rodean, a A-6 e a AG-55. Esta actuación pretende mellorar a accesibilidade e a competitividade desta área industrial, un gran polo de creación de emprego en Arteixo e, por extensión, en toda esta área da Coruña.
- Trátase dunha medida necesaria
para executar a glorieta elevada que conectará esa estrada coa vía de acceso ao
polígono industrial
- O desvío porase en marcha logo
da hora punta da primeira hora da mañá do venres e permanecerá activo ata que
rematen as obras do novo enlace