O Ceesg levará a cabo actividades todo o mes de outubro relacionadas coa Educación Social
O Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES) escolleu o lema 'La Educación Social es Esencial'. Así fixo público un manifesto no que salienta o importante papel que as e os profesionais da Educación Social teñen demostrado no actual contexto. Reclaman a regulación das profesións sociais como garante de calidade, profesionalidade e cumprimento dos dereitos da cidadanía. Apelando así mesmo ao compromiso das universidades e ao apoio político. Así mesmo, destácase no manifesto a necesidade de impulsar e aprobar unha Lei que regule o exercicio do dereito á Educación Social.
Tamén con motivo deste día, o CGCEES organiza un webinar. Está dirixido a profesionais no que se abordará a precariedade no traballo con infancia e adolescencia, e anima a participar nas redes sociais para facer visibles as contribucións do Grado. Tamén a mellora do benestar das persoas e como dereito da cidadanía, baixo a etiqueta #EdusoDay2020.
Actividades no mes de outubro
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg), pola súa parte, levará a cabo unha actividade que se estenderá todo o mes de outubro. Denomínase #EdusoMes, a través da cal irán desvelando en redes sociais e na súa páxina web, diferentes vídeos realizados por educadoras e educadores sociais que compartirán o seu testemuño. Falarán da súa experiencia, dos retos da profesión neste momento, das oportunidades, e do valor da Educación Social. Ademáis, se irán publicando os resumos dos últimos traballos premiados no Concurso TFG.eduso. Éstes se compilarán nun libro que estará dispoñible a partir do 30 de outubro. O Concurso TFG.eduso, organizado polo propio Ceesg, premia os mellores traballos de fin de grao presentados nas Universidades galegas no título de grao de Educación Social.
Para ampliar información anexamos o programa do #EdusoMes, e facilitamos enlace á páxina na que se irán actualizando todos os contidos relacionados co Día Internacional da Educación Social.