A concellaría de Mobilidade de Carballo celebra o día do Peón.
Así que a concellaría de Mobilidade convida a inscribirse de maneira presencial na Biblioteca Rego da Balsa ou de xeito telemático cubrindo un formulario.
O Día do Peón naceu co argumento da seguridade viaria. O 17 de agosto de 1897 a moza Bridget Driscoll morría arroiada por un coche. Este suceso considerouse o primeiro sinistro viario do que se ten noticia.
Neste sentido, o concello de Carballo súmase a celebrar o Día Mundial do Peón con un obxetivo: a loita contra a violencia viaria. "É un xeito eficiente, comentan desde fontes municipais, de loitar pola seguridade das persoas é a transformación das cidades en espazos máis amables e libres dun excesivo número de riscos".
Por este motivo, a concellaría de Mobilidade celebra este Día cunha andaina polas sendas ciclo-peonís do proxecto Cicl-ando Carballo.
As inscripcións poden facerse de dúas manerias:
- de maneira presencial na Biblioteca Rego da Balsa
- de xeito telemático cubrindo este FORMULARIO
O punto de encontro é o 17 de agosto no aparcamento do Centro Comercial Bergantiños-Gadis Híper. Os participantes van recibir un agasallo para os seus paseos cotiáns.
Ademais aclarar que a andaina inciáse ás 19.30 horas cara o polígono de Bértoa para realizar un percorrido dunha hora de duración, apto para todas as idades.