Os premios #dígochoeu difunden o uso da lingua galego nos máis novos.
Os premios #dígochoeu son un espazo divulgativo en galego. Están organizados pola Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e ten como finalidade achegar a lingua galega dunha forma dinámica e entretida.
O concurso consistiu na elaboración e execución dun vídeo de arredor de un minuto pensado para emitir no espazo #DígochoEu da CRTVG, achegando así a lingua galega á xente nova e fomentando a súa colaboración e mais a dos centros educativos.
Nesta edición participaron máis de 200 escolas de Primaria e Secundaria, entre os que se seleccionaron 10 propostas coas que a CRTVG gravou un programa de #DígochoEu.
Estes centros finalistas foron o IES San Rosendo (Mondoñedo), o IES Pino Manso (O Porriño), o IES Pedra da Auga (Ponteareas), o IES Virxe do Mar (Noia), o IES Félix Muriel (Rianxo), o CEIP Francisco Vales Vilamarín (Betanzos), o CEIP San Clemente de César (Caldas), o CEIP Antonio Fernández López (Sarria), o IES Rego de Trabe (Culleredo) e o IES Número 1 (O Carballiño).
Neste sentido, o colexio CEIP Plurilingüe San Clemente (Caldas), o instituto IES Virxe do Mar (Noia) e o colexio CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López (Sarria) recibiron o premio de ouro, prata e bronce respectivamente; o instituto IES Basanta Silva (Vilalba) recibiu un cuarto premio especial