Actividades de Entroido 2022 en Arteixo
A Concellería de Cultura opta pola celebración dun Entroido que evite aglomeraciones
Como alternativa aos tradicionais concursos con desfile de carrozas, comparsas e disfraces, a Concellaría de Cultura opta pola celebración dun Entroido que evite as grandes aglomeracións. A intención é que permita cumprir coas medidas sanitarias establecidas pola Xunta de Galicia para este evento en concreto. Será unha programación destinada fundamentalmente ao colectivo infantil, principal receptor de accións dinamizadoras. Dende a organización animan a todas as familias a disfrazarse, caracterizarse e a vivir de igual modo o Entroido cumprindo con todas as medidas de seguridade. Lembramos que no 2021 a festividade foi virtual pola pandemia.
Programación del 26 de febreiro ao 2 de marzo
Sábado 26: Pasacalles do grupo KOREMI que percorrerá as rúas do centro de Arteixo animando o feirón municipal. Trátase dun séquito de 15 personaxes protagonizado por un imponente Minotauro acompañado de outras figuras mitolóxicas. Desfilará realizando coreografías ao son da música e das chocallas dos seus faunos. Caracois, raíñas, bolboretas completarán esta fantasía animada que poderás ver en horario de 12:00 a 14:00 horas.
Domingo 27: Auditorio de Arteixo concerto didáctico de MAMÁ CABRA coa súa nova produción "A música das buguinas" acompañados por Daniel Bellón e Diego Maceiras, músicos de recoñecido prestixio no panorama musical galego. Na actualidade forman o grupo Bellón&Maceiras.
Luns 28 de febreiro e o mércores 2 de marzo: Obradoiros de cociña entroideira e creativa no Centro Cívico Cultural de Arteixo. Trátase dunha actividade dirixida á rapazada de 7 a 12 anos, cun límite de prazas para 25 persoas por día. Cada obradoiro é no horario de 11:00 a 12:30 horas. Para participar requírese de inscrición previa e o prazo estará aberto do 23 ao 25 de febreiro. Na sesión do luns aprenderán a realizar filloas e a facer diferentes recetas con elas e o mércores, realizarán recetas máis creativas como o canapé infinito e as nubes de chocolate.
Tamén o luns 28: No Auditorio ás 18:30 horas espectáculo de ilusionismo da man da MAGA AMÉLIE (Madrid), habitual en todos os grandes congresos de maxia. É unha das poucas magas españolas que obtivo o premio "Mago del año" da Sociedade Española de Ilusionismo (2006) e un Premio Nacional na categoría de maxia xeral.
Martes 1 de marzo: FESTA INFANTIL de 17:00 a 20:00 horas no Campo da Festa. Inchables, animación con DJ, obradoiros de máscaras e complementos entroideiros, stands de degustación gratuíta de doces e un photocall.