Os pais e nais de Vilarrodís e Oseiro vense obrigados a cambiar aos seus fillos de escola
O Bng de Arteixo mostra o seu malestar pola redución de aulas na EEI de Vilarrodís. “Non é lóxico que un dos concellos que máis medra en poboación teña que pechar aulas por non haber alumnado no núcleo urbano”, afirma o concelleiro Xurxo Couto. Ademáis, engade: "Nos últimos anos fíxose unha aposta para que as escolas unitarias non pechasen no rural de Arteixo. Agora vemos con estupor como se lles bota o candado a unidades en pleno centro urbano".
“Se hai que pechar aulas polo descenso de alumnado na EEI de Vilarrodís é pola falta de conciliación que supón ter aos nenos e nenas neste colexio de Arteixo”, expresa Couto. Asegura que o Concello de Arteixo "negouse a dar o servizo de madrugadores e de comedor nesta escola" . Por iso, os pais e nais se viron obrigados a cambiar o colexio polo de Galán, onde si se ofertan estes servizos.
O portavoz nacionalista en Arteixo considera que estas situacións se producen "por non dar o mesmo servizo a todos os pais e nais por igual no Concello de Arteixo". Ademáis, vai preguntar por unha posible solución, tanto ao goberno local de Arteixo como no Parlamento Galego.