Espello deportivo para fomentar a linguna galega dende o deporte

O encontro “Espello Deportivo” terá lugar no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo o vindeiro 4 de xuño, ás 18:30 h. Estarán presentes no mesmo o deportista paralímpico Chano Piñeiro, presentado polo coñecido actor Rubén Riós. A duración prevista é de sesenta minutos. En primeiro lugar, a empresa Claqueta Coqueta, encargada de levar a cabo este evento, proxectará un vídeo presentación da traxectoria de Rubén Riós para deixar paso á intervención do antedito actor co seu relatorio “A cultura e o deporte galego: Ingredientes básicos para a comunicación...

251150_373434022737346_1532176790_aA Deputación da Coruña, a través da Área de Normalización Lingüística, está a desenvolver o programa dos encontros “Espello Deportivo” cos obxectivos de achegar os deportistas de elite galegos ás rapazas e rapaces a través de xornadas en concellos da provincia, cunha dinámica participativa que implique os asistentes, non só no eido deportivo, senón tamén enriquecéndoo lingüisticamente.

Vai dirixido a concellos adheridos á Rede de Dinamización Lingüística, entre os cales figura o Concello de Arteixo que realiza funcións de coordinación, dinamización da actividade e elabora ao pertinente informe para xustificar a realización deste acto. O programa está contratado pola Deputación da Coruña.

O encontro “Espello Deportivo”  terá lugar no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo o vindeiro 4 de xuño, ás 18:30 h. Estarán presentes no mesmo o deportista paralímpico Chano Piñeiro, presentado polo coñecido actor Rubén Riós.

 

Programa

         A duración prevista é de sesenta minutos. En primeiro lugar, a empresa Claqueta Coqueta, encargada de levar a cabo este evento, proxectará un vídeo presentación da traxectoria de Rubén Riós para deixar paso á intervención do antedito actor co seu relatorio “A cultura e o deporte galego: Ingredientes básicos para a comunicación”. Despois será a presentación do deportista paralímpico Chano Piñeiro, exemplo de valores como o esforzo, compromiso, respecto, integración e superación, demostrando que é posible acadar uns obxectivos, recoñecendo limitacións e aprendendo a superalas.

A continuación proxectarase un vídeo presentación do deportista con diferentes imaxes dos esforzos e dificultades amais os éxitos acadados. Ao final haberá unha quenda de preguntas e coloquio entre o deportista, o actor e as persoas asistentes.