Esta exposición está no Anfiteatro de Arteixo desde hoxe ata o 17 de maio, cando se trasladará a Cee para continuar coa itinerancia
Hoxe inaugurouse en Arteixo a exposición ‘A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía’. Nela se repasa a historia deste museo e se lembra o fito que supuxo conseguir mercar, restaurar e musealizar esta casa grazas á colaboración de milleiros de persoas.
A mostra, que se pode visitar no Anfiteatro de Arteixo ata o 17 de maio, está comisariada por Pepe Barro, tamén autor da museoloxía da Casa-Museo. Foi inaugurada esta mañá coa presenza de Carlos Calvelo, alcalde de Arteixo, Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía; Ana Bello, concelleira de Cultura; e María Muíño, deputada da Deputación da Coruña, que financia esta itinerancia. Tamén estiveron presentes o concelleiro e diputado de Cultura na Diputación da Coruña, Xurxo Couto, e Raúl Fernández, concelleiro de Arteixo.
Esta exposición fai un repaso pola historia desta Casa-Museo, situada en Padrón, que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971 grazas á implicación de persoas e entidades da comunidade gallega e da emigración. O Patronato Rosalía, creado en 1947, converteuse en refuxio do galeguismo. Esta exposición, continuará a súa itinerancia por cidades e vilas de toda Galicia. Está patrocinada pola Xunta e a Deputación da Coruña.
50 anos de historia, un ano de celebracións
A Casa da Matanza abriu ao público o 15 de xullo de 1971, pero non foi ata o ano seguinte cando sería musealizada a partir do proxecto realizado por Xosé Filgueira Valverde. É por iso que as celebracións e actividades deste 50 aniversario durarán un ano, de xullo de 2021 a xullo de 2022.
A historia da Casa de Rosalía é a historia dun logro colectivo. Pouco despois da morte de Rosalía é mercada en 1946 por Xosé Villar Granjel e Xosé Mosquera. O Patronato Rosalía, creado en 1947. Ata 1951 non se realizou a primeira restauración, segundo planos de Gómez Román. Pero foi en 1971, baixo a dirección de Fernández-Albalat, cando se puido inaugurar como Casa-Museo o 15 de xullo dese ano. Da montaxe e dirección do Museo encárgase Xosé Filgueira Valverde.