Exposición de pintura e gravados na sala de exposicións do CCC de Arteixo

Dende este venres 6 de abril poderase acudir á exposición de pintura e gravados de Rosana Calvo e Nacho C. Beiro, na sala de exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo.

Con Alfonso Costa Beiro como artista referente, Rosana Calvo descobre o mundo do gravado como colaboradora do curso de verano. Actualmente dispón dun obradoiro-galería propio onde imparte clases de gravado e traballa con outros artistas, comezando a pintar como unha nova forma de expresión.

Entre os premios acadados por esta artista destacan: o 1º Premio Ramiro Carregal del "VI Certamen Atlante del Museo del Grabado a la estampa digital de Artes 2015" en Riveira e a Mención de Honor en "IV Certamen de Grabado Atlante 2013", entre outros.

Por outra banda, Nacho C. Beiro cursou estudos na "Escuela de Artes Aplicadas Y Oficios Artísticos" de Barcelona. Máis tarde trasládase a Berlín, onde traballa conxuntamente con grupos de Arte Transvangardista. Ilustrou diferentes portadas de libros e realizou esculturas para espacios públicos, etc...

Entre os premios acadados por este artista destacan: o 1º Premio de pintura "Ros i Güell" Ciudad de Badalona, Mención de honra Pérez Villamil e máis recientemente, o 1º Premio de debuxo Círculo Artístico da Cidade de Manresa.

A mostra, que permanecerá aberta ata o 20 de abril, preséntanos unha serie de pinturas e gravados de estilos moi diferentes.

Horario:

De luns a venres:

Mañás 10:30 h a 14:00 h

Tardes 16:30 h a 20:00 h

Sábado:

Mañá 10:30 h a 14:00 h