O Psoe Arteixo pide reactivar a Feira 1900

A supresión da partida orzamentaria de 78 mil euros destinada á Feira 1900 foi obxecto de debate no último pleno do Concello de Arteixo
Feira histórica 1900 suspendida en el Concello de Arteixo
photo_camera Cartel da última edición en 2019 da Feiria Histórica 1900 en Arteixo

Desde o grupo municipal socialista instan a buscar alternativas para celebrar a feira histórica


Simón López, portavoz do Psoe local, pide reactivar a programación cultural en Arteixo, entre ela, a Feira Histórica 1900. Lembra que outros concellos veciños adaptaron o formato das súas celebracións ás restricións sanitarias que aínda están en vigor.

A supresión da partida orzamentaria de 78 mil euros destinada á Feira 1900 foi obxecto de debate no último pleno do Concello de Arteixo. Este ano desviouse eses fondos, co voto en contra do Psoe ao departamento de Urbanismo. "Para xustificar esta decisión, o PP escudouse nun informe elaborado supostamente no mes
de xullo, no que se recomenda non realizar o evento", dí un comunicado socialista. Ademáis, pola súa parte, Simón López, considera que “se trata dunha decisión política que prexudica á xente da Cultura, pero tamén ao comercio e á hostalería, que perden unha das fins de semana de máis actividade do ano”. Pode escoitarse o debate sobre o tema entre os minutos 44:27 ata 1:21:23 no enlace de debaixo: