O Festival Folk de Sisalde que organiza o concello de Arteixo celebrarase o próximo 2 de setembro.
O Festival Folk de Sisalde que organiza o concello de Arteixo celebrarase o próximo 2 de setembro e ofrecerá durante todo ese día diversas actividades relacionadas coa cultura galega. Patricia Amado, concelleira de Turismo e encargada de dirixir o festival sinala ca "O obxectivo do festival pasa por recuperar o carácter das romerías populares, onde se combinaba pasar un día en familia nun entorno natural coa música”. Ademais de música, o festival ofrecerá un percorrido pola artesanía do país con postos de diversos artesáns e actividades para que os nenos disfruten do entorno único da fraga de Sisalde.
Artistas participantes no Festival
Respecto os artistas participantes, durante todo o día actuarán agrupación de música de raíz tradicional como Entresons, Xiradela, Triskell, Abelladeira do Bierzo ou Arume de Caión.
Breo
Xa pola noite subiranse o escenario as bandas Breo, un novo grupo de folk que emana e bebe da tradición gallega, mezclando música tradicional e a cultura inmaterial de Galicia con novos sonidos, creando unha música contemporánea de raíz. Cun directo potente e fresco, Breo traslada, coa forza de todos os seus compoñentes, a importancia e o valor de que as nosas músicas continúen vivas.O seu primeiro sencillo deciden sacalo en febreiro de 2023, dando a conocer, xa de forma aberta, o proxecto no que traballan coa musicalización do poema “Nao Senlleira”, de Fermín Bouza Brey, título do tema.
A Roda
Despois de Breo Sisalde encherase coas cancións dun grupo mítico dentro da historia de música galega: A Roda. O grupo é unha formación de música tradicional con 47 anos de traxectoria, un expoñente da música popular en Galicia, sen dúbida un dos grupos con máis historia, coñecido e louvado, case medio século de vida adicada á promover e difundir a cultura galega, o noso patrimonio inmaterial, a través da música de raíz.
Nace como formación no ano 1976 nunha taberna, logrando xa co primeiro disco, con título homónimo “A Roda”, o recoñecemento do público e o “Premio da Crítica Galega”. No seu haber conta con máis de 20 discos no mercado e multitude de premios, entre os que destacamos os recentes “Premio da Cultura Galega” e “Medalla Castelao”. A bagaxe da formación é tan longa con numerosas viaxes e concertos na diáspora galega. Esta é unha formación que ó longo dos anos soubo reinventarse e ollar con éxito ós novos tempos.
Jiggy
Para pechar a noite estarán a banda Jiggy, unha das bandas máis importantes do panorama internacional do folk. Estes irlandeses teñen xirado por países de todo o mundo e os seus discos alcanzaron o número 1 nas clasificacións de World Music de diversos países, e chegaron a ter centos de miles de reproduccións de vídeos como Silent Place. Jiggy poñerá un peche de calidade o festival de Sisalde que anos anteriores chegou a congregar a cinco mil personas ao longo de todo o día nos arredores da fraga de Sisalde.