O Psoe denuncia incumplimiento dos prazos no traslado da Fonte do Abade en Oseiro
O Grupo Municipal Socialista afirma que é "unha obra que a veciñanza de Oseiro vén reclamando dende hai máis de dúas décadas"
O portavoz socialista Simón López, lembra que “a veciñanza de Oseiro leva máis de vinte anos reclamando esta obra”. Tamén, lamenta "o reiterado incumprimento dos prazos establecidos" polo goberno local. “No pasado mandato, xa incluíran nos orzamentos unha partida para o traslado da fonte pero á hora da verdade non moveron unha pedra”, indica o concelleiro.
O Psoe levou esta cuestión ao pleno en varias ocasións. Ademáis, a executiva local do partido mantivo unha reunión coa Asociación de Veciños San Tirso de Oseiro. Na oportunidade quedou patente a súa preocupación polo estado de abandono da fonte e a súa contorna. “Non é só unha cuestión de preservar o patrimonio”, explica López, “senón de crear novos espazos de convivencia nunha parroquia esquecida polo goberno do PP”.
A histórica Fonte do Abade, que é emblema de Oseiro, está actualmente pegada ao asfalto da estrada que conecta a Coruña coa rotonda de Sabón. O intenso tráfico da travesía supón un perigo para as persoas que queiran acceder a ela. Está cuberta de herbas e algunhas das súas pedras, ennegrecidas pola humidade. O proxecto para o seu traslado contempla a construción dun parque público “moi necesario”, en opinión do portavoz socialista.