O grupo de Teatro da Asociación Cultural Faíscas presenta o seu novo espectáculo

O venres 1 de decembro, ás 20:30 h o grupo de Teatro da Asociación Cultural Faíscas presenta o seu novo espectáculo.
Cartel da obra de teatro "A pousada da pantasma coxa", da Asociación Cultural Faíscas.
photo_camera Cartel da obra de teatro "A pousada da pantasma coxa", da Asociación Cultural Faíscas.

O venres 1 de decembro, ás 20:30 h, no Auditorio do CCC de Arteixo, o grupo de Teatro da Asociación Cultural Faíscas presenta o seu novo espectáculo: "A pousada da pantasma coxa".

Trata sobre dúas camareiras de piso, Mariquiña e Teresiña, que traballan nun pequeno hotel propiedade de dona Sabela. O establecemento ten moitos problemas para facer fronte ás débedas e para atraer clientela, e non ter que pechar, ofertan o lugar como encantado por unha pantasma coxa que aparece polas noites. Mentres, tratan de resolver un enigma deixado no testamento polo defunto marido de Sabela, a casa pasa por divertidas situacións entre familiares e huéspedes.

Pódense adquirir as entradas aquí.

Más en Arteixo