Harmoniza, conciliando na Laracha

conciliar na Laracha
photo_camera Foto arquivo-fonte Diario Laracha


O Concello está a facilitar la conciliación durante o Nadal a través dos programas Harmoniza e Canguros.

Así, desde que comezaron as vacacións nos centros de ensino, o Concello está a facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral ás familias da Laracha que teñen ao seu cargo nenos e nenas de idades comprendidas entre os catro meses e os 12 anos.

Harmoniza: 308 nenas e nenos atendido no 2022

Neste sentido, o "Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha" está en funcionamento no Nadal de luns a venres -agás festivos- entre as 7:00 e as 14:00 horas nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo.

Ademais a cada usuario ofrecéuselle a posibilidade de acceder ao servizo ben todos os días ou ben días soltos, horario completo ou reducido e con almorzo opcional, establecéndose varias modalidades para adaptarse ás necesidades de conciliación que presenta cada un deles.

Os servizos básicos incluídos para calquera modalidade de inscrición son: a acollida, coidado, vixilancia e realización de actividades educativas e lúdicas con profesionais especializados.

Tamén, este mesmo formato do servizo, que durante o Nadal está a ser gratuíto, ofértasen durante o verán, Entroido e Semana Santa.

O formato habitual lévase a cabo no resto do ano, cando hai actividade escolar nos centros educativos, desde as 7:00 horas e ata o inicio das clases en cada centro.

Servizo de Canguros

Ademais, no marco do "Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha" o Concello puxo en marcha recentemente o servizo gratuíto de Canguros dirixido a familias con nenas e nenos desde os catro meses e ata os doce anos de idade que contempla a prestación de coidados básicos e atención nos domicilios, así como o acompañamento de nenos, nenas e adolescentes fóra da vivenda.

Cada unidade familiar beneficiaria dispón dun máximo de corenta horas anuais para cubrir necesidades puntuais -non de carácter estable ou estrutural prolongadas no tempo- de conciliación obxectivamente demostradas por razóns laborais ou sociofamiliares.

As familias interesadas poden solicitar o servizo no Concello. Para o outorgamento das prazas, persoal técnico municipal realizará as oportunas entrevistas para avaliar a situación e as necesidades de conciliación de cada solicitante.