O Psoe Arteixo asegura que é a única parroquia que carece de horarios a primeira hora da mañá e conta só con dúas viaxes diarias de ida
Os socialistas de Arteixo solicitan ao goberno municipal, a través do rexistro, a ampliació dos horarios da liña 3 dos Buses de Arteixo, que actualmente dá servizo á veciñanza da parroquia de Loureda. O portavoz, Simón López, considera que a actual frecuencia é “moi limitada”, xa que apenas existen dous horarios ao día, “mentres que outras parroquias contan con tres ou mesmo catro horarios”.
De acordo co actual mapa do servizo, a liña conta con saídas dende a Oficina de Turismo ás 12:30 e 16:00 horas. Tamém, con viaxes de volta dende Pedra da Cruz ás 12:40 e as 16:00, sendo o único traxecto que carece de horarios a primeira hora da mañá.
O problemas, tal como se indica o Psoe na reclamación presentada no Concello, víronse agravados nas últimas semanas trala anulación da liña de transporte escolar compartido das 9 da mañá. O goberno galego non tivo a previsión de ofrecer outra opción que facilite a mobilidade durante os meses non lectivos. A supresión deste servizo sumouse á decisión previa de cancelar as frecuencias das 6, as 8 e as 10 da mañá.