Antía pra Nova York
Sabela segue buscando
Onde lle pode ir mellor
Xa volven bágoas de sangue
a tinguir a nosa terra
xa os fillos Da Galiza
volven alonxarse dela
Non choran nenos nos portos
nin maletas de cartón
pero o sentimento é o mesmo
desgarrase o corazón
Xa non son pais de familia
nin as familias enteiras
desta volta a xuventude
terá que saldar as débedas
Xa non din adeus agora
a prados ríos e arboredas
pero o sentimento é o mesmo
canto doe non poder velas
¿Pra onde emigras Manoliño
Antonciño e ti Taresa?
imos a onde nos queiran
a traballar no que sexa
Agora as cousas trocaron
xa non queren a calquera
agora lévanse lonxe
o mellor da nosa terra
Esperta axiña Galiza
esperta patria Galega
procura pan pra os teus fillos
outra diáspora se achega
Non deixes que por ti choren
Iago,Antía nin Leonor
non os obrigues a deixarte
que non sintan esa dor.
José Vázquez Liste