"O mel non caduca" de Ibuprofeno Teatro é un espectáculo para público adulto
Este venres 21 de maio a compañía Ibuprofeno Teatro formada en 2010 por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, trae a Arteixo "O mel non caduca". Trátase dun espectáculo para público adulto sobre a relación do ser humano cos obxectos e a degradación ecolóxica do planeta. Unha peza cunha sorprendente dimensión plástica e sonora, creada a partir do universo das abellas e do mel. Ten forma de collage en todos os sentidos: temático, estético e na linguaxe.
A obra terá lugar no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo ás 20:30 horas e con entrada de 3 e 2,25 euros. A venda será o propio día da función de 11:30-13:30 horas e 2 horas antes do seu comezo.