O IES de Pastoriza premiado por boas prácticas inclusivas
Os responsables do proxecto en Arteixo deseñaron actuacións inclusivas tanto no centro como nas aulas
O IES de Pastoriza (Arteixo) acadou o terceiro galardón por seu proxecto de prácticas inclusivas centrado, sobre todo, na discapacidade visual. Xunto á ONCE e diferentes departamentos didácticos, deseñaron unha serie de actuacións e prácticas tanto a nivel de centro, como de aula e individual. Levaron a cabo actividades de formación para alumnado con discapacidade visual e colocaron sinalética por todo o centro para facelo máis accesible. Tamén, celebraron xornadas de intercambio de experiencias innovadoras no concello de Arteixo e obradoiros de lecto-escritura en braille.
Así, a Xunta de Galicia recoñece o traballo de oito centros educativos galegos co Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O obxectivo é impulsar a atención á diversidade e inclusión educativa. Así mesmo, difundir as boas prácticas así como recoñecer o labor que, neste sentido, está a desenvolverse nos centros educativos. Trátase, deste xeito, de promover unha escola que garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa a creación de contornas e culturas inclusivas.
Implicación, aprendizaje e repercusión
A comisión de selección valorou as boas prácticas realizadas a través da memoria presentada xunto coa solicitude de participación. Además, destacó a calidade das accións, coordinación docente, implicación da comunidade educativa, repercusión no proceso de ensino-aprendizaxe e súa repercusión a nivel de centro. Outros centros premiados foron:
- Colexio A Laxe - Ferrol
- CEIP Quiroga
- Nosa Señora dos Remedios - Ponteareas
- CEIP Torre Cela - Bueu
- IES Melide
- A Pinguela - Monforte de Lemos
- Instituto Fernando Blanco - Cee