Intercambio cultural e lingüístico entre escolares galegos e franceses

intercambio francia galicia

A Xunta de Galicia impulsa o intercambio cultural e ligüístico de 200 alumnos galegos con escolares de Hauts-de-France e Bretagne.

Así, 200 alumnos e 20 profesores de 3º e 4º de ESO participarán nos programa de intercambio con alumnado de centros educativos franceses das rexións académicas Hauts-de-France, a través do programa Galimiens e Bretagne.

O obxectivo destas iniciativas, enmarcadas na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, Edulingue 2030, é potenciar a aprendizaxe activa da lingua francesa do noso alumnado e mellorar a súa competencia lingüística.

Ademais desta forma promóvese a convivencia escolar, lingüística e cultural entre Galicia e estas dúas rexións francesas, tendo en conta o enorme interese que o ensino da lingua, a literatura e a cultura, tanto galegas como españolas, suscitan na rexión francesa, así como a afección pola lingua e a cultura do país veciño no sistema educativo de Galicia.

80.000 euros de presuposto

Para elo, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina un orzamento total de 80.000€.

Neste sentido, os centros participantes nestes programas reciben unha asignación económica de 4.000€ cada un para sufragar conceptos varios vencellados á viaxe de intercambio.

As persoas coordinadoras do programa en cada centro serán as responsables da actividade de intercambio, tanto no aspecto organizativo como educativo, durante a estancia do alumnado francés en Galicia e a do alumnado galego en Francia. As datas das mobilidades do alumnado a Francia e a Galicia serán concretadas polas persoas
coordinadoras de cada centro.

Durante o período de intercambio, o alumnado galego –10 escolares por cada centro– participante no intercambio deberá asistir ás clases no lycée ou collège que lle fose asignado pola Région Académique correspondente e aloxarase na casa dunha familia francesa, e viceversa no caso da estancia dos estudantes franceses en Galicia.

Os centros participantes son:

  • Bretagne A Coruña Cambre IES Alfonso X O Sabio
  • Bretagne A Coruña Cerceda CPI Plurilingüe O Cruce
  • Bretagne A Coruña Malpica de Bergantiños IES Urbano Lugrís
  • Bretagne A Coruña Oleiros IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas
  • Bretagne Ourense Ourense IES Universidade Laboal
  • Bretagne Pontevedra Caldas de Reis IES Plurilingüe Aquis Celenis
  • Bretagne Pontevedra Cangas IES María Soliño
  • Bretagne Pontevedra Gondomar IES Plurilingüe Terra de Turonio
  • Bretagne Pontevedra Redondela IES Mendiño
  • Bretagne Pontevedra Vigo IES O Castro
  • Hauts-de-France A Coruña Frades CPI de Ponte Carreira
  • Hauts-de-France Lugo Burela IES Monte Castelo
  • Hauts-de-France Lugo Monforte de Lemos IES Francisco Daviña Rey
  • Hauts-de-France Ourense Ourense IES Ramón Otero Pedrayo
  • Hauts-de-France Ourense Viana de Bolo IES Carlos Casares
  • Hauts-de-France Pontevedra Meis CPI de Mosteiro-Meis
  • Hauts-de-France Pontevedra Pontevedra IES A Xunqueira II
  • Hauts-de-France Pontevedra O Rosal CPI Manuel Suárez Marquier
  • Hauts-de-France Pontevedra Vigo IES Alexandre Bóveda
  • Hauts-de-France Pontevedra Vilagarcía de Arousa IES Castro Alobre

EduExchanges: traballo colaborativo

A maiores, o Goberno galego promove tamén o traballo colaborativo entre estudantes da nosa Comunidade e de diferentes países a través do programa EduExchanges, de intercambio en liña para realizar un proxecto no que afonden no coñecemento mutuo con colexios e institutos estranxeiros.

Deste xeito, alumnado galego de 5º e 6º de Primaria, ESO e 1º de Bacharelato de 41 centros galegos participará nesta iniciativa con escolares de Austria, Canadá, Estados Unidos, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, Romanía, Suecia e Suíza.

Adeais neste caso, o centro educativo será o encargado da selección do lycée ou collège co que realizará este intercambio, que será coordinado por un docente. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades achega un orzamento de 250€ a cada colexio ou instituto por cada un dos proxectos nos que participa, ata un total de 43 iniciativas colaborativas.