Manuel Murguía, no calendario do libro e a lectura 2023

A Xunta de Galicia incorpora a Manuel Murguía, Pablo Picasso e Carlos Oroza, ao calendario do libro e a lectura 2023. Este ano ademais...
historiador manuel murguía

A Xunta de Galicia incorpora a Manuel Murguía, entre outros, ao calendario do libro e a lectura 2023.

Neste sentido, a Xunta de Galicia incorpora a Manuel Murguía, Pablo Picasso e Carlos Oroza, ao calendario do libro e a lectura 2023.

Ademais o novo calendario conmemora o centenario do pasamento do historiador e escritor Manuel Murguía (2 de febreiro). Tamén o cincuenta pasamento do artista Pablo Picasso (8 de abril); e o centenario do nacemento do poeta Carlos Oroza (13 de maio).

Así mesmo, inclúense outras tres novas conmemoracións:

  • libro electrónico, 4 de xullo
  • preservación dixital , 2 de novembro
  • patrimonio cultural, 16 de novembro

Tamén o obxectivo da Xunta de Galicia coa publicación deste documento é impulsar a realización de actividades arredor das principais datas vencelladas a este ámbito e facilitar a súa planificación anual.

Trátase, ademais, nunha iniciativa enmarcada na lei do libro e da lectura de Galicia, que establece a elaboración deste calendario para fomentar a lectura e a normalización da presenza do libro en todos os sectores da sociedade.

Programación 2023

O Ademáis de esta programación, a Xunta de Galicia xa está a preparar unha ampla oferta de accións para celebrar o Día das letras galegas (17 de maio), que este ano rende homenaxe a Francisco Fernández del Riego; así como para o Día das artes galegas (1 de abril), que en 2023 rende homenaxe a Martín Códax e a música galega.