Galicia só ten recibido 27.010 mascarillas A data de onte 22 de marzo, o Sergas tan só recibiu, segundo fontes de Consellería, 27.010 mascarillas enviadas polo Ministerio de Sanidade para afrontar a crise do coronavirus
O primeiro lote de mascarillas, 15.250, recibiuse o venres
día 13, e o segundo de 11. 760 unha semana despois.
Trátase de 25.250 mascarillas cirúrxicas e 1.760 mascarillas FFP2.
A Xunta confía en que “o
volume de mascarillas que o Ministerio asegura ter enviado a Galicia poida
facerse realidade a maior brevidade posible na comunidade galega para continuar
afrontando conxuntamente esta crise sanitaria”.
Mascarillas e Plan Coruña sen teito
Por
outra banda, a consellería de Sanidade, en colaboración co
Concello da Coruña, da Cruz Vermella e de varias entidades de voluntariado
social, vai poñer en marcha, a través da Xerencia Integrada da Coruña,
o Plan Coruña sen teito Covid-19 con
soporte sanitario (CSTCS).
O obxectivo é que sirva de soporte sanitario para protexer a saúde das persoas sen fogar na capital herculina e, por extensión a dos demais cidadáns, debido a situación que estamos a vivir por mor do coronavirus.
O dispositivo da consellería de Sanidade estará ubicado no
Pavillón de Deportes e Polideportivas de Riazor.
Para a atención sanitaria poderá haber un ou dous médicos,
así como un profesional de enfermería, encargados de realizar o soporte, que
será presencial e/ou tecnolóxico ao
dispositivo alomenos menos unha vez ao día.
As persoas sen teito supoñen un colectivo especialmente vulnerable a padecer enfermidades infecciosas, tamén ao Covid-19.