Covid-19: máis medidas e recursos na atención de vítimas da violencia de xénero

Medidas da Xunta fronte á violencia de xénero
Plan de medidas da Xunta de Galicia para atender o posible aumento de conflitos por perfís violentos, ademais de manter a...

A Xunta de Galicia impulsou máis medidas e máis recursos para reforzar á atención de vítimas da violencia de xénero durante a pandemia.

Neste sentido, a Xunta de Galicia impulsou un Plan de medidas para atender o posible aumento de conflitos por perfís violentos, ademais de manter a operatividade de servizos á disposición das vítimas:

  • teléfono de atención da Xunta de Galicia 900 400273 ao seu servizo todos os días as 24 horas do día;
  • asesoramento xurídico  online;
  • apoio psicolóxico (terapias, ben en atención presencial ou a través de sesións telemáticas);
  • apoio psicolóxico específico para vítimas de violencia sexual;
  • quenda de garda psicolóxica permanente para apoio nos momentos iniciais de presentación de denuncia ou apoio en sede xudicial;
  • seguimento das vítimas dende Punto de Coordinación das Ordes de Protección;
  • apoio psicolóxico e social nas Oficinas de Atención ás Vítimas en sede xudicial;
  • servizos de carácter administrativo que están operativos online, por teléfono e por correo electrónico, e todas as axudas económicas;
  • Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero e o Centro de Emerxencia de Vigo.

Medidas fronte á violencia de xénero

Pero tamén a Xunta de Galicia reforzou a rede de centros de acollida:

  • apertura dun novo recurso de acollida;
  • todos os centros, tanto os de titularidade municipal como os das Ong e entidades sociais estiveron abertos para acoller a mulleres;
  • durante o período de alarma puxéronse en marcha recursos alternativos: albergues, hostais e pensións; ademais constituíronse grupos de intervención e apoio psicolóxico, social e de asesoramento xurídico, con persoal especializado.
  • o Servizo de traslado de vítimas a centros de acollida que se proporcionou en colaboración con Fegataxi ampliouse a outro tipo de traslados inescusables que necesiten estas mulleres.

Medidas para paliar o impacto económico

Ademais a Xunta de Galicia, para mitigar o impacto económico que o estado de alarma tivo sobre as vítimas, ampliou o Bono de aluguer social que ten ao dispor das vítimas de violencia de xénero. O Goberno galego está a asumir o pago do 100% do aluguer.

Aclarar que para que a información acerca de todas estas medidas chegase ás súas destinatarias, a Xunta realizou unha campaña institucional. Neste sentido, destacar algún datos de atención ás vítimas de violencia de xénero durante o primeiro semestre do 2020:

  • A Xunta concedeu axudas económicas a 505 mulleres vítimas de violencia de xénero, 109 máis que no mesmo período do ano anterior (27,5% máis).
  • O teléfono de Información á Muller recibiu no primeiros seis meses 1.842 consultas, 477 máis que no mesmo período de 2019, cun incremento do 35%.
  • Os 82 Centros de Información á Muller que hai en Galicia, atenderon 5.465 consultas, 779 máis (16,6% máis).
  • O programa de atención psicolóxica a mulleres vítimas dá violencia de xénero,            aos seus fillos/ as e persoas dependentes ao seu cargo atendeu a 624 persoas       no primeiro semestre (32 persoas menos).
  • Nas casas de acollida aloxáronse sucesiva e temporalmente 142 persoas: 78 mulleres e 64 menores, un 13,4% menos que no mesmo período do ano pasado. (Deste total, 5 mulleres foron acollidas nos recursos alternativos)
  • Ampliouse en 485.000 € o orzamento  € da orde de axudas destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero destinadas aos concellos.
  • Con esta ampliación o importe desta orde de axudas ascende a máis de 1,8 millóns de euros no marco dos fondos para desenvolver en Galicia as medidas recollidas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
  • Ampliación das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino, cun incremento de 343.368 euros. Con esta ampliación o investimento supera os 2,1 millóns de euros.
  • Ampliación do orzamento das axudas de pago único destinadas á atención das vítimas de violencia de xénero en 600.000 €. Con esta segunda ampliación estas subvencións alcanzar un investimento de 1,8 millóns de euros.