Mellora da conexión dos servizos de autobús entre A Coruña e Arteixo

A Xunta mellora desde o luns, día 16 de outubro, a conexión dos servizos de autobús entre os concellos da Coruña e de Arteixo.
Parada de autobús en Arteixo.
photo_camera Parada de autobús en Arteixo.

A Xunta mellora desde o luns, día 16 de outubro, a conexión dos servizos de autobús entre os concellos da Coruña e de Arteixo mediante a incorporación de novas pardas nun total de 25 liñas.

Así, deste este vindeiro luns, incorporarase a parada de paso IES Urbano Lugrís-Fenosa no percorrido de 17 liñas de autobús e, por outra banda, a parada A Moura, encadrarase nos itinerarios doutras 8 liñas.

Coa incorporación destas novas paradas se axusta a oferta de servizos ás condicións de demanda existentes, mellorando a conexión do transporte público da Xunta, ampliando as opcións de viaxe dos usuarios e facilitando os seus desprazamentos en resposta a unha solicitude do Concello de Arteixo.

A información relativa a estes cambios estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

 

 

Más en Arteixo