O Psoe propón un sistema de orzamentos participativos para Arteixo
O grupo socialista leva ao pleno unha moción para que a veciñanza decida o destino do 1% dos orzamentos de 2023
O goberno municipal de Arteixo aprobou, para o ano 2022, orzamentos que superan os 60 millóns de euros. Trátase dunha cifra moi importante, pero o Psoe local lamenta “a escasa capacidade de decisión da cidadanía respecto ao destino dese enorme volume de investimento”. O portavoz socialista no Concello, Simón López, defende a necesidade de poñer en marcha, de cara as contas do próximo exercicio, unha experiencia de orzamentos participativos. A idea é “que outorgue máis transparencia e eficacia á xestión municipal e favoreza unha maior implicación da veciñanza no proceso de toma de decisións”, reclama.
Por iso, os socialistas levarán unha moción ao pleno do mes de xaneiro para que se poida abrir, canto antes, un prazo de presentación de propostas por parte da cidadanía. Atendendo ao calendario que manexa a administración municipal “un proceso destas características debería comezar arredor de febreiro ou marzo para evitar retrasos na tramitación do orzamento”, engade López.
A proposta contempla reservar o 1% das contas de 2023 para unha experiencia piloto de Orzamentos Participativos. Isto suporía, manterse o nivel actual de recadación e gasto e que a veciñanza poderá decidir de maneira directa o destino de algo máis de 600.000 euros.