Continúa a programación do Outono Cultural coa representación este venres 27 de outubro ás 20:00 h de NINA NINETTE de Paula Quintás Cía, un espectáculo escénico de danza para público familiar.
Un conto iniciático que se inspira na estética do Ballet Triádico celebrando o centenario da súa estrea, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.
