A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel vermello que afectará ao litorais das provincias da Coruña e Pontevedra a partir de hoxe. Ademais, desde as 00:00 horas, quedou tamén activado o nivel de alerta laranxa por neve nas zonas de montaña de Lugo e Ourense que pode acadar espesores superiores aos 20cm en zonas por riba dos 800-900 metros.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), dende primeiras horas de tarde de ayer, o litoral da Coruña e a partir da madrugada nos litorais de Lugo e Pontevedra activase alerta laranxa con vento do oeste e suroeste de forza 7, que pode acadar ata forza 9 e mar combinada do noroeste con ondas de ata 8 metros.
Este nivel de alerta laranxa pasou ser de nivel vermello a partir das primeiras horas de hoxe nos litorais de Pontevedra e A Coruña, con mar combinada do noroeste que pode acadar ondas de 9 metros, con especial incidencia na costa da Morte, onde poden acadar os 10 metros e o vento, que será do oeste-noroeste, pode acadar forza 9.
Debido a que o fenómeno metereolóxico coincide con mareas vivas e máximos de oleaxe na preamar é probable que que teña especial incidencia en puntos sensibles, na costa da morte e nas Rías Baixas. A situación manterase ata o final de mañá que pasará a haber alerta laranxa en todo o litoral galego,
Suspensión clases na montaña de Lugo
A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender hoxe, xoves 14 de novembro, a actividade lectiva na zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por espesores de neve superiores a 20 centímetros.
A suspensión de clases afectará nesta zona a 789 alumnas e
alumnos de 15 centros .Como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a
situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado nas zonas non
afectadas pola suspensión, os directores poderán adoptar as decisións oportunas
a este respecto.
A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf
Suspensión actividades pesqueiras e marisqueiras
Por mor do temporal costeiro, aconséllase a suspensión das
actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas
máis perigosas. Unha recomendación que é extensible á pesca deportiva e a
outras actividades deportivas no mar. Tamén se insta a extremar as medidas de
seguridade á hora de realizar calquera outro tipo de actividade no mar e que se
revisen os cabos e amarres das embarcacións.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 www.112galicia.org, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese sobre o nivel vermello.