Novo concurso poético en homenaxe a Rosalía de Castro
A Concellería de Cultura que dirixe Ana Bello, en coordinación coa Rede Municipal de Bibliotecas, organiza un concurso poético homenaxe a Rosalía de Castro co gallo do día no que festexamos a súa figura, o 24 de febreiro.
Tedes as bases nunhas liñas máis abaixo e os premios entregaranse o día 23 de febreiro na Biblioteca Central ás 11.30 horas.
Para máis información tedes o teléfono da Biblioteca Central "Henrique Rabuñal": 981 659108 (horario de atención ao público) ou no correo electrónico biblioteca@arteixo.org.
Bases para o concurso:
1.- Para o alumnado dos colexios de Arteixo que cursen 4º, 5º e 6º de Educación
Primaria.
2.- O tema da poesía é libre e a extensión, limitada a un máximo de 30 versos. O
idioma poderá ser galego ou castelán.
3.- Haberá 3 niveis, un por cada curso proposto, con dous premios en cada un. Darase
un premio extra consistente nunha Tablet que será para o elixido entre os premiados.
Os premios serán lotes de libros.
4.- A data máxima de recollida de traballos será o día 14 de febreiro na Biblioteca
Central “Henrique Rabuñal”.
5.- O xurado estará composto por membros do Club de Lectura da Biblioteca Central.
6.- A entrega dos premios realizarase o día 23 de febreiro ás 11.30 horas na Biblioteca
Central. Ese día acudirán 4 finalistas de cada nivel que declamarán as súas poesías,
sendo o xurando que reparta os premios.