Novo concurso poético en homenaxe a Rosalía de Castro

A Concellería de Cultura que dirixe Ana Bello, en coordinación coa Rede Municipal de Bibliotecas, organiza un concurso poético homenaxe a Rosalía de Castro co gallo do día no que festexamos a súa figura, o 24 de febreiro.

Tedes as bases nunhas liñas máis abaixo e os premios entregaranse o día 23 de febreiro na Biblioteca Central ás 11.30 horas.

Para máis información tedes o teléfono da Biblioteca Central "Henrique Rabuñal": 981 659108  (horario de atención ao público) ou no correo electrónico [email protected].

Bases para o concurso:

1.- Para o alumnado dos colexios de Arteixo que cursen 4º, 5º e 6º de Educación

Primaria.

2.- O tema da poesía é libre e a extensión, limitada a un máximo de 30 versos. O

idioma poderá ser galego ou castelán.

3.- Haberá 3 niveis, un por cada curso proposto, con dous premios en cada un. Darase

un premio extra consistente nunha Tablet que será para o elixido entre os premiados.

Os premios serán lotes de libros.

4.- A data máxima de recollida de traballos será o día 14 de febreiro na Biblioteca

Central “Henrique Rabuñal”.

5.- O xurado estará composto por membros do Club de Lectura da Biblioteca Central.

6.- A entrega dos premios realizarase o día 23 de febreiro ás 11.30 horas na Biblioteca

Central. Ese día acudirán 4 finalistas de cada nivel que declamarán as súas poesías,

sendo o xurando que reparta os premios.