Novo programa "Educación Responsable"

O obxectivo da iniciativa, que se realiza en colaboración coa Fundación Botín, é promover a educación emocional. Participarán 52 centros en toda Galicia.

Un total de 7 centros de educación infantil e primaria, secundaria e educación especial da provincia da Coruña (18 de toda Galicia) desenvolverán a partir do vindeiro curso a iniciativa Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional realiza en colaboración coa Fundación Botín.

Trátase dunha proposta para tres cursos, co fin de que os centros e os seus docentes desenvolvan o programa formando parte da rede de Centros de Educación Responsable da Comunidade Autónoma Galega, recibindo formación, recursos educativos e seguimento por parte tanto da Consellería como da Fundación.

O obxectivo é promover o desenvolvemento saudable do alumnado, a partir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias, favorecendo a educación emocional, social e creativa para acadar un maior benestar persoal, social e académico. Así mesmo, a iniciativa contribúe á mellora do clima de convivencia no centro docente e ao éxito escolar do seu alumnado. No ano académico 19/20 participarán neste programa un total de 52 centros de toda Galicia.

Os centros que se unirán ao programa no curso 2019/20 na provincia da Coruña son o CEIP Pío XII (Santiago de Compostela), o CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo), o CEIP Alborada (A Coruña), o CEE Nosa Señora do Rosario (A Coruña), o CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco), o CEIP Plurilingüe Virxe do Mar (Narón) e o CEIP Plurilingüe San Xosé de Filgueira (Ferrol).

Educación Responsable desenvolverase nos centros educativos ao longo de tres cursos escolares. O obxectivo do primeiro curso de implantación

é que o Equipo de Educación de 

Responsable de cada centro participante coñeza as ferramentas didácticas

propias da educación emocional e social, así como a súa aplicación na aula.

Na segunda fase de

expansión que se desenvolverá no ano académico 2020/21, o centro participante

asumirá este programa como unha liña prioritaria no marco do seu

Proxecto educativo. Con este obxectivo, 

os responsables de recursos de Educación Responsable forman ao resto dos

docentes programando e aplicando as actividades de forma colaborativa, estendendo así o programa a un maior número de

alumnado.

A fase de consolidación, no curso 2021/22, ten como obxectivo que o centro docente utilice de forma autónoma as metodoloxías, técnicas e actividades e sexa quen de elaborar outras novas, incluíndo obxectivos propios do crecemento emocional, social e creativo do alumnado. Para iso, será necesario que a maioría dos docentes do centro incorporen nas súas programacións de aula actividades deste programa para beneficiar á maior parte do alumnado. Os centros que cumpran os obxectivos establecidos serán acreditados e pasarán a integrar á Rede de Centros do Programa de Educación Responsable.