86 novos casos en Galicia, é a cifra de onte a hoxe de novos casos por Covid-19. Este domingo 12 de abril, a Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade informa que o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.833, cando onte a cifra era de 5747 infectados.
Dos 5.833: 1.288 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.154 da de Ourense, 482 da de Pontevedra, 1.078 da área de Vigo, 973 da de Santiago, e 327 da de Ferrol.
Ademais do total de pacientes positivos: 140 permanecen en UCI, 742 están en unidades de hospitalización e 4.951 no domicilio.
Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.143 altas de pacientes e 360 falecementos. E o número de PCR realizadas é de 43.992.
Novos casos segundo datos dos centros residenciais de servizos sociais
Por outra banda, o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,7% do total das persoas residentes. Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
Respecto das 6 persoas falecidas onte en centros
residenciais: 1 foi na residencia DomusVi Matogrande (A Coruña); 1 na
residencia DomusVi San Lázaro (Santiago de Compostela); 1 na residencia As
Fragas (Pontedeume); 2 na residencia N.S. da Esperanza (Ourense); e 1 n residencia
Divino Maestro (Ourense).
Os datos son:
- NÚMERO DE CASOS 5.833 / FALECEMENTOS 360
- DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS: 911 usuarios; 416 profesionais; 79 en residencias; 75 en hospitais e residencias integradas