O Centro Demostrador TIC é o escaparate tecnolóxico de Galicia

O CDTIC ofrece as empresas TIC galegas o espazo, o apoio na xestión e difusión, para a realización de sesións demostradoras dos seus produtos ou servizos TIC, a potenciais demandantes dos mesmos. Desde a súa posta en funcionamento, foron xa 74 empresas TIC galegas as que fixeron uso deste ...

Máis de 2.000 profesionais e preto de 500 empresas participaron nas súas actividades, que facilitan o encontro entre a oferta TIC e a demanda tecnolóxica do tecido empresarial galego

O Centro Demostrador TIC cumpriu o pasado mes de xullo dous anos de actividade fac251150_373434022737346_1532176790_ailitando ás empresas tecnolóxicas galegas os medios para achegar a súa oferta de produtos ao resto dos sectores produtivos. Dende a súa creación o CDTIC acolleu un total de 78 actividades nas que participaron 494 empresas. Este escaparate tecnolóxico está na senda de cumprir o triplo obxectivo que se marcou na súa posta en marcha. Por un lado, promover o uso das TIC entre as empresas galegas, así, foron 2010 os profesionais os que acudiron as demostracións do CDTIC desde a súa apertura. Asemade, segundo o estudo interno que o propio CDTIC elaborou a principios de 2013, baseado nunha serie de enquisas aos asistentes do CDTIC, máis do 90% afirmaron acceder a produtos, servizos e provedores tecnolóxicos que non coñecían ata o seu paso polo Centro.

O CDTIC ofrece as empresas TIC galegas o espazo, o apoio na xestión e difusión, para a realización de sesións demostradoras dos seus produtos ou servizos TIC, a potenciais demandantes dos mesmos. Desde a súa posta en funcionamento, foron xa 74 empresas TIC galegas as que fixeron uso deste servizo e 93 as solucións TIC amosadas.

Un estudo interno realizado polo CDTIC a principios de 2013, puxo de manifesto que o 30% das empresas tecnolóxicas que realizaron unha presentación no CDTIC pecharon polo menos 1 contrato, e o 41% recibiron peticións de orzamentos. Estes datos, poñen de manifesto que o CDTIC está na senda axeitada de cara a cumprir con outros dos obxectivos, contribuír a xerar negocio TIC local.

O terceiro obxectivo era achegar a oferta tecnolóxica ás necesidades de innovación dos sectores estratéxicos. Como primeiro paso neste complexo proceso, o CDTIC está a traballar na identificación da oferta tecnolóxica de Galicia a través do Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, o MapaTIC.gal (https:// cdtic.xunta.es/mapatic/), que se está a consolidar como o directorio de provedores e solucións TIC Galegas, e que na actualidade conta con preto de 225 provedores e máis de 550 solucións TIC.

Novidades do ano 2013

Unha das novidades máis importantes introducidas no ano 2013 xurdiu grazas a colaboración entre o CDTIC e a Rede CeMIT, ofertando a posibilidade de seguimento a través de videoconferencia das actividades levadas a cabo polo CDTIC, para facilitar a participación de autónomos e micropemes de toda Galicia. Ademais habilitouse a posibilidade de seguir e interactuar cos relatores e participantes nas actividades do CDTIC mediante o uso das redes sociais.

No que respecta ás actividades neste ano 2013 puxéronse en marcha as Semanas TIC Sectoriais, enmarcadas dentro das accións encamiñadas á sensibilización sobre a aplicación TIC aos procesos produtivos da empresas a través dunha estratexia común, e grazas ao esforzo coordinado de diferentes axentes estratéxicos: administración pública e as asociacións empresarias dos sectores implicados.

O téxtil foi o sector protagonista da I Semana TIC no CDTIC celebrada no mes de marzo que reuniu a máis de 131 profesionais e ambos os dous sectores. Durante esta semana presentouse o Catálogo ModaTIC.gal (http://ficheiros-web.xunta.es/ cdtic/documentos/ModaTICgal. pdf), unha mostra representativa de 40 empresas e 5 axentes de innovación no ámbito TIC existentes en Galicia, así como, un conxunto de máis de 70 produtos e servizos tecnolóxicos específicos para o sector téxtil.

Durante o mes de abril preto de 130 persoas asistiron ao “Taller de Emprendemento TIC para o inicio de Actividades” organizado polo Colexio Profesional de Enxeñeiros Técnicos en Informática de Galicia (CPETIG).

O obxectivo deste obradoiro era formar a aqueles profesionais que desexen iniciar actividades por conta propia, e para todos eles desenvolveuse unha guía de apoio ao inicio de

actividades (*).

En setembro arrancaba o Programa de Asesores Tecnolóxicos en colaboración co Colexio de Enxeñeiros en Informática de Galicia, onde pemes dos sectores da construción, do mar e transformación de produtos da pesca, agroalimentario e autónomos teñen a súa disposición e completamente de balde un asesor en novas tecnoloxías.

Ao remate do programa, estas pemes e autónomos contarán cun completo Plan Director de Implantación TIC totalmente personalizado, onde se identificarán as mellores iniciativas TIC adaptadas as necesidades e obxectivos dos seus negocio.

Tamén en setembro, o CDTIC lanzaba “A Comunicación Comercial no sector TIC” para pemes TIC, un programa centrado na filosofía do Training Comercial, co obxectivo de profesionalizar a figura do “consultorcomercial TIC”, facilitándolle as ferramentas que lle permitan mellorar a súa metodoloxía de venda, a súa capacidade de expoñer en público así como a súa habilidade de adaptar a linguaxe en función das necesidades do cliente. Este programa, tivo unha excelente acollida entre o sector, superando amplamente as prazas ofertadas inicialmente.

No mes de novembro, o CDTIC acolleu o Ciclo de Seminarios Prácticos de Xestión Empresarial con Software Libre, no que se amosaron 8 solucións tecnolóxicas aplicadas ao negocio.

Así os máis de 130 profesionais de diversos sectores produtivosque acudiron a este ciclo de formación, coñeceron da man de provedores TIC galegos de Software Libre, ferramentas de xestión empresarial, tales como, plataformas de comercio electrónico, sistemas de xestión de relación cos clientes ou ferramentas para traballos en grupo.

Un proxecto de carácter nacional

O CDTIC, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, ten como obxectivo facilitar ás empresas do sector tecnolóxico os medios para achegar a súa oferta de produtos ás empresas doutros sectores produtivos. O CDTIC, situado no Centro de Novas Tecnoloxías de Conxo en Santiago, constitúe un punto de encontro entre a oferta TIC e a demanda tecnolóxica do tecido empresarial galego.

Deste xeito, as empresas TIC poderán desenvolver solucións innovadoras adaptadas ás necesidades de mercado de empresas doutros sectores produtivos, que coñecerán os produtos TIC máis adecuados para optimizar os seus negocios e terán a oportunidade de trasladarlles demandas concretas ás empresas do ámbito tecnolóxico.

O Centro Demostrador TIC de Galicia é froito dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través de red.es e a súa misión é ofrecer un espazo de encontro entre a oferta e a demanda tecnolóxica.

A través da xeografía española existen outros Centros Demostradores TIC, froito de convenios de colaboración de red. es con organismos de diversas comunidades autónomas. Así Aragón, Andalucía, Castilla la Mancha e Extremadura conta con Centros Demostradores TIC, e no futuro proxéctanse novos Centros Demostradores en Canarias, dedicado ás tecnoloxías aplicadas ao turismo, e outro en Málaga focalizado en tecnoloxía para cidades intelixentes.

Equipamento

As instalacións do Centro Demostrador TIC estrutrúranse en tres salas equipadas con tecnoloxía avanzada con diferentes funcionalidades: Sala de Formación: para o desenvolvemento de xornadas e obradoiros de carácter eminentemente práctico. Esta sala está dotada co equipamento necesario para a proxección de contidos 3D e o uso das aplicacións e/ou servizos multimedia orientados a contidos audiovisuais, entre outras funcións. Sala de Demostracións: para realizar Demostracións ou Simulacións de entornos de traballo con produtos tecnolóxicos.

Facilitar o encontro in-situ ou virtual entre empresas provedoras de solucións tecnolóxicas e empresas posibles usuarias de tecnoloxía ou innovación tecnolóxicas Sala de Realidade Virtual: Permite a exposición de contidos audiovisuais e interactivos en tres dimensións así como simulacións avanzadas, videoxogos e reprodución virtual de diversos entornos reais e a interacción cos mesmos.

(*) http://www.cpetig.org/documentos/EMPRENDEMENTO%20TIC_GUIA%20PARA%20O%20INICIO%20