O programa de actos, que comezou hoxe co obradoiro "Non me contes contos", prolongarase ata o próximo sábado 24. Durante os catro días que dura o programa, haberá diversas actividades para concienciar e sensibilizar á sociedade sobre a lacra da violencia de xénero. Mañá, día 21, entre as 16:30 e as 20:30, terá lugar no Centro Social de Meicende, o obradoiro "Non me contes contos".
O venres 23 celebrarase no Centro Cívico de Arteixo a xornada "Familias que dejan huELLA". Durante a xornada, dende as 17 horas ata as 20 horas, haberá unha actuación musical do grupo Cosmos 21 e darase lectura ao Manifesto da muller, adolescente e nena.
O sábado 24 terá lugar a I Andaina contra a violencia de Xénero con saída do Anfiteatro de Arteixo ás dez da mañá. Ese mesmo día celebrarase o Rally Solidario Arteixo contra a violencia de xénero, que se iniciará as 16.30 da praza do Balneario. As inscricións permanecerá abertas ata o día 22 no CIM de Arteixo.
O concello de Arteixo ofrece tamén durante todo o ano talleres educativos destinados a previr a violencia de xénero entre todos os escolares do municipio, que suman 3.901 rapaces e rapazas: desde a educación infantil ata o bacharelato e formación profesional. Os talleres son diferentes segundo a idade dos escolares dos centros onde se impartan. Así, os nenos e nenas máis pequenos reciben a información en forma de contacontos mentres que a medida que aumente a idade dos receptores utilízanse outro tipo de continentes de cara a sensibilizar os escolares para que poidan identificar as situacións que dentro das relacións de parella poden desembocar en situacións de violencia. Os talleres estarán superrvisados e organizados polo Centro de Información da Muller do concello de Arteixo, que está aberto permanentemente para atender as víctimas da violencia de xénero e, paralelamente, organiza actividades de cara a sensibilizar a población sobre esta lacra.