A consellería de Traballo e Benestar, na súa inquedanza de que a xente nova asuma responsabilidades e sexa protagonista, estableceu axudas enmarcadas no programa iniciativa Xove para a execución de proxectos para a infancia e xuventude desde a propia mocidade.
O Grupo informal ProInfancia acadou unha subvención para o seu proxecto dun portal online de actualidade sobre as necesidades, dereitos, problemas e inquedanzas dos galegos máis novos. O grupo está composta por profesionais da comunicación e da educación galegos.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado subvencionou este traballo que pode seguirse na dirección web www.elportaldelainfancia.com Entre os obxectivos e prioridades dos seus promotores destacar: dar a coñecer os problemas e necesidades da infancia e xuventude galega; crear unha comunidade de usuarios e protagonistas das informacións para ter sempre vivos os problemas e necesidades da infancia e xuventude galegas; acadar experiencia profesional e obter experiencia de cara a poder continuar co proxecto de xeito independente.
Esta axuda da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado permite que os galegos máis novos adquiran valores, competencias e habilidades necesarias a hora de acceder e manterse no mercado laboral: ter iniciativa, empoderamento, creatividade e innovación; ter motivación para o desarrollo persoal; desarrollar a intelixencia emocional eo traballo en equipo; aprender a conciliar vida personal e laboral; xestionar cambios e atender a diversidade; aprender a xestionar o tempo e a resolver problemas; aprender a xestionar proxectos; facer autocrítica na búsqueda da excelencia no traballo; adquirir compartamentos éticos na web e nas redes sociais, etc.
Os destinatarios da web elportaldelainfancia. com son a infancia, a adolescencia, a xuventude, os expertos nos distintos ámbitos onde crecen os máis novos, os profesionais relacionados con eles, as familias e sociedade en xeral. elportaldelainfancia.com tamén pode seguirse a través das súas redes sociais: facebook, twitter e youtube. O Grupo ProInfancia está composta por cinco xoves, que unha vez rematado o proxecto, están dispostos a buscar alizanzas para poder continualo “xa que a infancia e xuventude galegas o merecen porque toda información e pouca”.